Avanzaba o século xi cara ao seu remate nunha época de xenreira, de escravitude, de pandemias, de liortas e de guerras... roi nace nunha pequena aldea asentada no val onde remata o reino de galicia. e o fillo do ferreiro, un servo máis de don guzmán, o conde que o domina todo desde a súa fortaleza amurallada. desde moi pequeno, o mozo soña con ser, un día, un home libre para poder ser armado cabaleiro. coñece polo seu avó, o mago, o druída, as historias do rei arturo e a existencia do santo graal, o que o vai levar por inhóspitas e estrañas paraxes coa soa compaña de alba, decidida, tamén, a romper co pasado, coas ataduras das tradicións e do destino que para ela marcou o seu pai, o conde. xuntos van descubrir onde se agocha a verdadeira liberdade...
