Non é cousa doutro mundo pintar o que ven os ollos dos nenos, escribiu castelao, dando pórtico a este libro de prosa poética de antonio garcía teijeiro. en o que ven os ollos dos nenos, terceira entrega da colección a letra durminte, agroma a palabra espida, sincera e espontánea dos que están a descubrir o mundo: o muro está fermoso. o neno e maila nena sorrín, cóllense da man e comezan a canta la canción da esperanza; senten así que están vivos. o que ven os ollos dos nenos, ilustrado polas expléndidas colaxes de fino lorenzo, evoca a palabra dos poetas máis queridos de teijeiro: iglesia alvariño, noriega varela, amado carballo, celso emilio ferreiro, xohana torres, federico garcía lorca, rafael alberti.... apaixonado pola literatura máis comprometida dos sentimentos, teijeiro dirixe neste libro absolutamente singular, a súa mirada sobre o muro da poesía e da vida. denuncia a inxustiza do noso tempo: dende as fames do sudán, a situación de chiapas, as guerras de afganistán e kosovo, ata a traxedia dos refuxiados que se desprazan cara a ningures... libro escrito con prosa moi coidada e de grande beleza, o que ven os ollos dos nenos, é un berro pola cultura da paz e da tenrura sen límites que venza o paso do tempo.
