Unha rosa é unha rosa (unha comedia de medo) é unha traxicomedia onde non falta nin o humor, nin a aceda crítica á sociedade contemporánea. a vella rosa reparte a súa herdanza en tres partes, entre os seus dous sobriños, pololo e adela, e a filla doutra sobriña xa morta. a vella rosa é seguidora na televisión dos telefilmes do detective tenente colombo, do que sabemos da súa ascendencia galega. a morte da vella rosa, en estrañas circunstancias, desencadeará unha divertidísima trama de enredo, parodia da ambición desmedida da sociedade actual, que rematará cunha inevitable hecatombe tráxica. os diálogos chispeantes, a presenza da sociedade mediática actual (concibida como un diálogo ermanente coa televisión) e a crítica máis mordaz á sociedade da «comodidade e da ambición» fan desta raxicomedia de suso de toro unha lectura absolutamente recomendable.
