Tanto me angustiaba aceptar como non aceptar, porque a angustia non a causa o que un elixe, como ben dicía kierkegaard, senón ser consciente de que un ten a liberdade de decidir, de que un está condenado a elixir, pensei para consolarme, aínda que kierkegaard dixo iso cunhas boas medias de la. a recomendación por parte do seu terapeuta dun paseo polas praias dos hamptons levouno a coincidir con merton, un exitoso produtor de televisión a quen coñece dende hai tempo. este encontro converteuse nunha oportunidade para revitalizar a súa carreira como guionista, pero o único que parece obsesionalo é un burato no seu calcetín dereito. cun humor mordaz e unha divertida prosa narrada en primeira persoa, aquela praia dos hamptons é unha novela breve que remite á intriga, á elegancia e ao enxeño de autores como john updike, anne tyler ou eduardo mendoza.
