Bartleby é un escribente excelente que despacha unha cantidade extraordinaria de documentos na oficina de wall strett onde traballa ás ordes dun avogado. porén, un bo día, cando o seu xefe lle pide que examine con el un documento, bartleby négase con total serenidade dicindo: preferiría non facelo. dende entón, diante de calquera requirimento do avogado, o narrador do relato de nome descoñecido, contesta coa mesma frase: preferiría non facelo. o avogado descobre que bartleby quedou vivir na oficina e, como négase a obedecelo e despois a escribir máis, o despide. porén, este curioso personaxe négase a marchar e continúa vivindo na oficina. o xefe, que é incapaz de botalo, decide mudar a sede do escritorio. cando chegan novos inquilinos, bartleby segue alí, prefire non facer nada que altere a súa situación.
