Onde está o poliño de rosalía? é a segunda parte de o paseo de rosalía, un clásico de 1968 co que pat hutchins deuse a coñecer como autora e ilustradora, destacando daquela pola súa proposta de estética vangardista, con liñas sinxelas, cores de tons ácidos e alto contido visual. partindo da plena vixencia desa obra, este novo relato mantén as cualidades narrativas e plásticas do seu precedente: frases breves e encadeadas acompañadas de imaxes descritivas que complementan graficamente o relato, amosando dous niveis de lectura paralelos. así, por unha parte, pat hutchins fainos partícipes da incesante busca do poliño por parte dunha preocupada galiña rosalía; por outra, asistimos ás perigosas peripecias do poliño torpe e despistado dando voltas por distintos escenarios da granxa, mentres a nai anda á súa procura.
