Tac tac tac é o resultado excepcional dun proxecto excepcional. en 2017 suso de toro implicou oito escritoras e escritores para escribiren un texto en númax cunha vella olivetti, unha máquina de escribir en desuso que atesoura canda si o sabor de todo un tempo. eran margarita ledo, manuel rivas, xabier p. docampo, marina mayoral, susana sánchez aríns, pedro feijoo, xabier queipo e o propio suso de toro. tac tac tac, publicado por xerais, é unha edición limitada, numerada e asinada que reproduce, tal cal, aqueles textos mecanografados, para que, como di suso de toro no limiar, sintamos a presenza das cousas, a aura do papel riscado a mantenta coa tinta. un libro fetiche, un libro único.
